
A Deputación provincial de A Coruña, fixo pública, no BOP nº 221 de data 18 de novembro de 2015, a convocatoria de subvencións dirixidas aos concellos e outras entidades locais da provincia destinadas á promoción de actividades e investimentos considerados de interese público, co obxectivo de contribuír a que os concellos e outras entidades locais da provincia acaden os obxectivos que lles son propios e de fomentar a participación da cidadanía nos distintos ámbitos de actuación.
As subvencións van dirixidas tanto a investimentos como á realización de actividades.
O prazo para a execución dos proxectos obxeto da subvención remata, con carácter xeral, o 31 de decembro de 2016.
Nas bases específicas de cada convocatoria pódense consultar cuestións como o investimento máximo subvencionable, as exclusións, os requisitos específicos e mais os prazos para a presentación das solicitudes que por regla xeral remata o vindeiro 18 de decembro de 2015 as 14:00 horas.
I+desarrollo Local, consciente da premura de tempo coa que se conta, ponse á disposición dos Concellos e entidades susceptibles de acollerse a estas liñas de financiación para colaborar no deseño específico dos proxectos que poidan ter previstos desenvolver nos ámbitos de Turismo, Promoción Económica e Cultura ó longo do vindeiro ano 2016 e que sexan susceptibles de financiación a través destas liñas que convoca a Deputación.
Nos cadros que se xuntan sintetízanse os obxectivos xerais e específicos de cada convocatoria en ditos ámbitos.
El pase de diapositivas requiere JavaScript.
TURISMO
|
|
Obxectivos da convocatoria
|
TIPOLOXÍA
|
REF.
|
XERAIS
|
ESPECÍFICOS
|
Investimentos |
DP0006
|
Mellora das infraestruturas turísticas
|
-
Execución de obras ou equipamento relacionado coa promoción turística
-
Equipamento de oficinas turismo ou puntos de información turística
-
Acondicionamento e mellora de albergues turísticos municipais
-
Sinalización turística
-
Adecuación das instalacións turísticas á normativa vixente en materia de accesibilidade
-
Creación e acondicionamento de rutas turísticas
- Creación ou mellora de páxinas web ou aplicacións para a promoción turística do concello
|
Actividades |
DP0007
|
Promoción turística
|
-
Accións de promoción turística do concello (asistencia técnica, realización estudos…)
-
Edición de material divulgativo (folletos, guías..) e campañas de promoción.
-
Alugamento de infraestruturas ou equipamento para eventos de interese turístico (carpas, mobiliario, equipos audiovisuais)
-
Cursos de formación para persoal que desenvolva actividades turísticas.
-
Organización de visitas turísticas polo concello
-
Organización de festas de interese turístico recoñecido pola Xunta de Galicia
|
CULTURA
|
|
Obxectivos da convocatoria
|
TIPOLOXÍA
|
REF.
|
XERAIS
|
ESPECÍFICOS
|
Investimentos |
FO202/2016
|
Realización de reformas, ampliación e mellora de inmobles, equipamentos e
moblaxe. |
|
Actividades |
FO201/2016
|
Proxectos específicos que prevexan a realización de actividades concretas.
Programacións anuais que se desenvolvan durante todo o exercicio económico. |
-
Unicamente gastos de carácter corrente, en ningún caso bens inventariables.
-
A realización do programa de actividades culturais será de exclusiva responsabilidade dos concellos e entidades
locais.
- As obrigas fiscais e de seguridade social que delas se deriven será de exclusiva responsabilidade dos concellos e entidadeslocais.
|
PROMOCIÓN ECONÓMICA
|
|
|
Obxectivos da convocatoria
|
TIPOLOXÍA
|
REF.
|
XERAIS
|
ESPECÍFICOS
|
Actividades
|
FOAYAA/2016
|
Accións tendentes a impulsar o desenvolvemento económico, o fomento do emprego e o apoio ao comercio.
|
-
Apoio ás liñas de comercialización e promoción dos nosos produtos de calidade que permitan a penetración no mercado mediante axudas á loxística e á distribución.
-
Realización de congresos, xornadas, exposicións e seminarios relacionados coa promoción económica da provincia.
-
Feiras de artesanía, feiras de exaltación de produtos típicos da zona.
-
Cursos de formación dirixidos á muller e á mocidade para a busca de emprego.
-
Mantemento páxinas web.
-
Actividades derivadas de proxectos que teñan como obxectivo a recuperación demográfica de núcleos rurais (aproveitamento das novas formas de explotación sostible dos recursos naturais e forestais para a creación de emprego a nivel local, elaboración do catálogo de oficios e prácticas
-
artesanais das zonas e organización de obradoiros de transmisión destes oficios polos artesáns e artesás locais á mocidade rural como fonte de emprego, sensibilización da poboación local nos procesos de integración que se leven a cabo e seguimento da acollida de nova poboación emprendedora)..
|
Investimentos
|
FOAYIA/2016
|
Execución de obras ou equipamentos de interese xeral no ámbito parroquial, municipal ou comarcal.
|
-
Acondicionamento de camiños.
-
Alumeado público.
-
Creación, acondicionamento e mellora de parques infantís.
-
Adquisición de mobiliario ou equipamento informático para dependencias municipais.
-
Creación páxinas web, aplicación móbiles, dixitalización de arquivos municipais.
-
Reformas de locais municipais.
-
Obras de ampliación, conservación ou mellora de polígonos industriais.
-
Fomento de programas conxuntos entre municipios para a recuperación de núcleos rurais degradados e rehabilitación de construcións de valor histórico local ou símbolos de identidade da poboación local, para convertelos en edificacións de uso público (bibliotecas, garderías, centros sociais etc.).
|
Si te parece interesante o crees que puede interesar a otras personas, comparte
Relacionado