POS+ 2017 – PLAN PROVINCIAL DE COOPERACIÓN ÁS OBRAS E SERVIZOS DE COMPETENCIA MUNICIPAL (PLAN ÚNICO DE CONCELLOS)

concellos-a-coruna
O “Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan único de concellos) POS+ 2017” é un Plan propio da Deputación Provincial da Coruña para o exercicio 2017 destinado aos 93 concellos da provincia.
Segundo se sinala nas Bases publicadas no BOP, o “POS+ 2017” ten a intención de acadar as seguintes finalidades:

    • Reducir o número de Plans
    • Racionalizar e obxectivar a colaboración da deputación cos concellos na realización de investimentos que ata agora estaba dispersa en distintas liñas de subvencións.
    • Facer un Plan dinámicoo, que poida ver incrementada a súa dotación orzamentaria e se adapte ao longo do ano para absorber incrementos da achega provincial se os houbera.
    • Dar resposta á situación e necesidades concretas de cada concello, reforzando a súa autonomía e responsabilidade mediante a ampliación e flexibilización do seu obxecto, que pasa a ser múltiple, facilitando tamén a planificación da actividade do concello.
    • Contribuír de forma efectiva á redución do endebedamento que os concellos teñan cos seus provedores.
    • Contribuír de forma efectiva á redución do endebedamento dos concellos coas entidades financeiras

A Deputación de A Coruña suprime – para o exercicio 2017-  liñas de subvencións finalistas existentes en anos anteriores que financiaban actividades e investimentos que, para poder seguir realizándose, deberán ser consideradas nos orzamentos dos concellos.

As liñas de subvencións eliminadas, son as que se sinalan a continuación:

      • Cultura:
        – Actividades (FO201)
        – Investimentos (FO202)
      • Deportes:
        – Actividades (FO101)
        – Investimentos (FO102)
      • Promoción económica:
        – Actividades (FOAYAA)
        – Investimentos (FOAYIA)
      • Turismo:
        – Actividades (DP007)
        – Investimentos (DP0006)
      • Servizos Sociais
        – Dessenvolvemento (FOAXCA)
      • Igualdade
        – Políticas de Igualdade (FOI00B)
      • Envellecemento
        – Envellecemento activo (FO036A)

Presentación de solicitudes:
Vía telemática a través da páxina web da Deputación Provincial da Coruña www.dacoruna.gal
Prazo de presentación:
inicio: 12 de decembro de 2016
remate: 14.00 horas do 24 de febreiro de 2017

No seguinte enlace, pódense consultar as bases completas publicadas no BOP:

BASES REGULADORAS – ENLACE BOP Nº 226 – MARTES, 29 DE NOVIEMBRE DE 2016

Anuncio publicitario

Subvencións Diputación de A Coruña 2016

Publicadas as bases específicas da convocatoria de subvencións da Deputación de A Coruña

Collage

A Excma. Deputación de a Coruña, ven de publicar no BOP nº 226 de 25 de novembro de 2015 as bases especificas de distintas convocatorias de subvencións dirixidas entre outras a entidades, confrarías de pescadores, agrupacións de mariscadoras, entidades asociativas agrarias e labregas e entidades culturais sen fins de lucro. Continuar leyendo «Subvencións Diputación de A Coruña 2016»

A %d blogueros les gusta esto: